Os Concellos de Frades, Mesía e Ordes asinan o convenio para solicitar o “Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo III”
Os alcaldes dos Concellos de Frades, Roberto Rey; Mesía, Mariano Iglesias; e Ordes, José Luís Martínez, asinaron o convenio para solicitar un obradoiro dual de emprego que engloba dúas especialidades en materia forestal: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O obradoiro contará na súa terceira fase con 20 alumnos/traballadores/as durante 9 meses e cun orzamento total de 399.871,81 euros. Para desenvolvelo solicítaselle unha axuda á Consellería de Economía, Emprego e Industria por un importe de 346.946 €. O resto do orzamento será asumido polos concellos participantes no obradoiro (52.925,81 € dos cales 13.676,83 € correspóndenlle ao Concello de Frades, 5.854 € ao Concello de Mesía e finalmente 28.582,83 € ao Concello de Ordes como entidade promotora do obradoiro).
As actuacións que se levarán a cabo dentro do Concello de Frades son as seguintes: piscina municipal, praza de Papucín e finca de O Carballal (PAPUCÍN), campo de fútbol de Vitre (VITRE), punto limpo de Frades-Mesía e área de O Muíño de Céltigos (CÉLTIGOS), área recreativa de A Ponte Carballa e fincas Gasalla e Cabezo (ABELLÁ), área recreativa A Presa e local social de Ledoira (LEDOIRA), campo de fútbol e praza de Ponte Carreira (GAFOI), local social de Añá e finca Sanamil (AÑÁ), área recreativa Os Pasos de Aiazo e local social (AIAZO), área de San Nicolau (MESOS) e parque praza de Moar (MOAR).
No caso de Ordes, actuarase na área de esparcemento no parque empresarial de Merelle e nas fincas P-85 do parque empresarial de Merelle, Brañas de Pumariño, Trillón, Queiroal, Brañas de Ardemil, Área da Adina, campo da festa de Parada, contorna da capela de San Pedro de Adrán, contorna dos Marchás, fincas do campo de fútbol de Barbeiros, prado de Ramos, A Revolta de Mosqueira, Balada do croio, o Prado de Abaixo, Monte do Pozo, finca do curro, O Brañón, Fonte das meigas, Arriba da Carbeira, Costa do Pereiro, Chousa de Soleiros, Chousa Muiño Antigo, Chousa a Maquía, Chousa da Capilla, Chousa da Lata, diante do Patelo e contorna da senda do río da Fraga. Finalmente, en Mesía actuarase nas prazas de Albixoi, Bascoi, Boado, Cumbraos, Mesía e Visantoña, así como na área recreativa de Olas, na área deportiva complexo polideportivo de Xanceda, no viveiro municipal de Cumbraos, nas Brañas de Valga e nas fincas na Rivas e Braña do Vilar.