O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun tractorista e 5 peóns de obra pública ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2020 (BOP nº 29 de 12 de febreiro de 2020) da Deputación da Coruña.

A contratación dos seis postos realizarase por un período de 4 meses, cunha xornada laboral de 5 horas diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego antes do 25 de maio, data na que o Concello presentará a oferta solicitando candidatos/as para a súa selección.