spacer
O parque infantil de Ponte Carreira volve abrir as súas portas

O parque infantil de Ponte Carreira abriu as súas portas á rapazada na tarde do pasado sábado, despois de que o Concello de Frades procedera á súa limpeza e desinfección, así como a colocar un dispensador de xel hidroalcohólico para as mans a disposición dos/as usuarios destas instalacións.

Dende o Concello de Frades pregamos sentidiño e respecto ás normas: manter a distancia de 1,5 metros, usar máscara sempre que sexa posible e respectar o aforo máximo do parque.

Ao longo da próxima semana quedarán abertos todos os parques de Frades, unha vez queden instalados os dispensadores de xel hidroalcohólico, os carteis indicativos do aforo máximo e se rematen as tarefas de limpeza e desinfección de cada unha destas instalacións.