spacer
Unha trintena de nenos e nenas participaron nos Campamentos de Conciliación de Nadal

Unha trintena de nenos e nenas participaron nos Campamentos de Conciliación de Nadal, organizados polo Concello de Frades. Uns obradoiros que tiveron lugar durante oito días no polideportivo municipal de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Uns campamentos nos que desfrutaron de distintos xogos e obradoiros, sempre con material de uso individualizado e debidamente empaquetado, cos que elaboraron distintos adornos de Nadal. Así mesmo, organizaron a súa propia festa de fin de ano, divididos sempre en pequenos grupos segundo a súa idade, onde ademais de desfrutar da toma das uvas con 12 horas de adianto sobre o resto da veciñanza tamén elaboraron unhas divertidas gafas para recibir ao novo ano 2021.

Unha trintena de nenos e nenas participaron nos Campamentos de Conciliación de Nadal