spacer
O Concello de Frades organiza unha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas

O Concello de Frades organiza unha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas, que será impartida por persoal técnico de Hidroeléctrica Lumymey. Unha iniciativa que terá lugar o xoves 13 de maio, ás 20:30 horas, no multiúsos de Frades. A asistencia é de balde, se ben o aforo está limitado por mor das medidas preventivas fronte á Covid-19 e é preciso inscrición previa no Concello (981 695 567) antes do 11 de maio.

O pasado mes de xaneiro, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia estableceu a metodoloxía para o cálculo das peaxes de transporte e distribución de electricidade, o que provocará un cambio nas tarifas actuais. Unhas novas tarifas que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xuño de 2021, segundo estableceu o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.