spacer
O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri. Unha actuación que terá lugar no multiúsos de Frades o propio 17 de maio, ás 17:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben polas medidas preventivas contra a Covid-19 é necesaria inscrición previa no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes do venres 15 de maio.

María Faltri, vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, presentará en Frades un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, dunha hora de duración, María brindaralles aos cativos e cativas de Frades unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri