O Concello de Frades celebrará unha sesión plenaria ordinaria este venres 14 de maio, ás 13:30 horas. Debido á aplicación do protocolo de seguridade anticovid, a sesión trasladarase do salón de plenos ao multiúsos de Frades, non sendo posible a presenza de público.

A sesión desenvolverase de acordo coa Orde do Día adxunta, que inclúe a aprobación do expediente do centro sociocomunitario de Ponte Carreira, a adxudicación das actuacións de aforro enerxético no alumeado público co Concello de Frades (con cargo ao IDAE), resposta ao Ministerio de Transportes sobre a solicitude de cesión e melloras na estrada N-634 ao seu paso por Ponte Carreira e o apoio ao escrito da AAVV Os Labregos de Abellá para a reapertura do consultorio médico de Abellá.