spacer
Nace a Escola de Idiomas de Frades

O Concello de Frades, en colaboración con get brit!, poñen en marcha a Escola de Idiomas de Frades, cuxas clases darán comezo en novembro deste ano. Haberá cursos de iniciación ao inglés (a partir dos 3 anos), así como cursos B1, B2 e C1. Trátase duns cursos subvencionados polo Concello de Frades, cunha cota de 30 euros/mes para persoas empadroadas e de 35 euros/mes para non empadroadas.

As clases para a rapazada terán lugar os martes e xoves: infantil ás 16:30 horas, 1º e 2º de Primaria ás 17:30 horas, 3º e 4º de Primaria ás 18:30 horas, 5º e 6º de Primaria ás 19:30 horas e ESO ás 20:30 horas. Para persoas adultas e alumnado de Bacharelato establecerase o horario unha vez que se forme grupo. Máis información: 981 695 567 (Pili).

Dende o Concello de Frades están moi concienciados coa importancia de aprender idiomas no mundo actual. A aprendizaxe de idiomas contribúe de maneira fundamental na formación, tanto de nenos/as como adultos, sendo na sociedade actual, unha ferramenta imprescindible para acceder con éxito ao mercado laboral nun futuro e contribuíndo á mellora das súas competencias comunicativas. Ofrecemos a oportunidade de achegar a toda a veciñanza do municipio a posibilidade de acceder a unha formación de calidade dun xeito asequible.

Inicialmente o idioma ofertado será o inglés, con niveis que van desde os 3 anos ata adultos. Unha das grandes vantaxes dos alumnos/as da Escola de Idiomas de Frades é a posibilidade de presentarse a un exame oficial no propio municipio, xa que get brit!, empresa que xestiona a Escola de idiomas, é Centro Examinador Oficial organismo a través do cal o alumnado poderá acreditar o seu coñecemento do idioma de acordo ao Marco Europeo de Referencia das Linguas. A través deste título oficial pódese acreditar o coñecemento do inglés ante organismos públicos ou privados. 

get brit! está especializada na xestión integral de Escolas de Idiomas, contando con máis de 250 centros e 20.000 alumnos e un persoal de case 300 profesionais en toda a xeografía nacional. É a primeira empresa de España con certificado ISO 9001, 14001 e 27001 na Xestión Integral de Escolas de Idiomas.

Ademais, en get brit! traballan cunha metodoloxía propia. O seu principal obxectivo é que o alumnado da escola aprendan o idioma de xeito natural. Este método dota aos alumnos/as das competencias e destrezas necesarias para aprender a falar inglés con naturalidade e eficacia, dun xeito máis práctico, participativo, interactivo e natural. Dentro da aula trabállanse  distintas situacións cotiás, reais e diarias. Os contidos preséntanse ao alumno/a de maneira integrada dentro de tarefas comunicativas de comprensión, expresión, interacción, mediación ou distintas combinacións das mesmas e sempre adaptadas as idades do alumnado.

Nace a Escola de Idiomas de Frades