spacer
O Concello de Frades adhírese á campaña da Fegamp en apoio ás persoas LGTBIQ+

Con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Frades uníuse á campaña da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Deste xeito, o Concello de Frades manifesta o seu apoio ás persoas LGTBIQ+ e súmase á histórica reivindicación de respecto á identidade que cada individuo sinte e conforme á cal decide vivir.

Podes ler o manifesto completo nesta ligazón: https://fegamp.gal/content/manifesto-de-apoio-persoas-lgtbiq