spacer
Un total de 16 nenos e nenas participaron no XIX Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades

A área recreativa da piscina municipal acolleu a edición número dezanove do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades, que tivo lugar esta fin de semana. O evento reuniu a 16 nenos e nenas do municipio que, acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas, tomaron parte do torneo.  

Durante a xornada, a rapazada capturou varios exemplares, que puideron levar as súas casas. Ademais, foron agasallados cunha medalla conmemorativa e unhas lambonadas, entregadas polo alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Xuventude, Juan Carlos Portos; e Maiores, Jesús Francos. A dezanove edición do campionato finalizou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para que todas as persoas asistentes puideran repoñer forzas. 

Un total de 16 nenos e nenas participaron no XIX Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades