A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia foi que concedeu este novo obradoiro  que será promovido polos Concellos de Frades, Ordes e Mesía. 

A iniciativa recibe o nome de “Brañas do Illó – Río Samo V” e terá unha duración de 12 meses con opción a contrato de tres meses nunha empresa do sector forestal ao finalizar. As especialidades do obradoiro son: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel 1) e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (nivel 2).

As persoas interesadas en participar na comunidade educativa docente do obradoiro, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia para ditas ofertas ou postularse a través do portal de emprego da Xunta de Galicia sendo o día límite o 13 de agosto de 2022. 

Para formar parte do alumnado, deberán estar inscritos no Servizo Público de emprego de Galicia e solicitar participar no obradoiro de emprego dual na oficina de emprego de Ordes (cita previa) antes do xoves 1 de setembro. 

CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS: 
NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/458). 

A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: http://emprego.xunta.gal 

OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN: MOBEM.