Labores de acondicionamento da área "O muiño de Céltigos"
O Concello de Frades resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde para investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Este proxecto ten como finalidade a adecuación e posta en valor da área recreativa O muíño de Céltigos, emprazada na beira do río Maruzo e pertencente a Rede Natura 2000, co fin de contribuír á promoción do espazo natural e incrementar o seu valor paisaxístico e como biótopo, así como a facilitar a preservación de hábitats e filtros verdes.
As actuacións contempladas son as seguintes:
- Plantación de distintas especies de ribeira, así como especies autóctonas típicas destes enclaves.
- Instalación dun panel informativo da Rede Natura 2000
O investimento total aprobado é de 12.912,40€ (Ive non incluido). Os prazos de execución son o 3 de outubro para a anualidade de 2022 e o 31 de marzo para anualidade do 2023.
Número de expediente: MT814A/15/2022/000012/C
Beneficiario: Concello de Frades
Invest. Aprobado: 12.912,40€
Importe da axuda: 12.912,40€
Prazo de execución: 31 de marzo de 2023