O Concello de Frades celebrará este venres 11 de novembro, ás 13:30 horas, a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro de 2022, que terá lugar no salón de Plenos de acordo coa seguinte Orde do Día.

  1. Aprobación da acta do pleno anterior
  2. Dación en conta de Decretos (do 2022/11 ao 2022/171)
  3. Modificación de créditos, modalidade de suplemento de créditos con cargo a anulacións ou baixas de créditos doutras aplicacións. Expediente 2022-Suple-01
  4. Mocións
  5. Informes
  6. Rogos e preguntas