ACTUALIZACIÓN - ACTUALIZACIÓN - ACTUALIZACIÓN

A Xunta de Galicia informa desfavorablemente o proxecto do parque eólico Brancellao

A xefa do Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética da Xunta de Galicia, María Raquel Carballido Reboredo, vén de remitirlle ao Concello de Frades o informe desfavorable ao parque eólico Brancellao, actualmente en tramitación no Ministerio. Podes consultalo aquí

Un escrito que conclúe que “se informa desfavorablemente o proxecto do parque eólico Brancellao de 140 MW promovido por Enel Green Power España SL posto que, excepto a posición 14, o resto das mesmas e parte da poligonal incumpren as disposicións establecidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia e a Lei 8/2009 do 22 de decembro pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Ademais, a poligonal do parque invade a Rede Natura 2000”.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O 16 de marzo recibiuse no Concello de Frades o anuncio da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do Parque Eólico Brancellao, de 140 MW, accesos a infraestruturas eléctricas de evacuación nos concellos de Boimorto, Curtis, Vilasantar, FRADES, Mesía, Ordes e Carral, na provincia da Coruña.

Solicitante/promotor: ENEL GREEN POWER ESPAÑA SL

Potencia para instalar: 140 MW

Número de aeroxeradores: 25 unidades

Línea de evacuación a 400 kV: transportará a enerxía eléctrica producida polo parque eólico ata a subestación "punto de conexión á rede" SE REE Mesón do Vento 400 kV

O termo municipal de Frades estaría afectado pola instalación dun aeroxerador na parroquia de Vitre e polos accesos a outros aeroxeradores situados próximos ao noso concello nas parroquias de Lanzá e Boado, no concello de Mesía

O proxecto faise público para coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación na páxina web do Concello (www.frades.gal), na oficina técnica de urbanismo do Concello (de LUNS a VENRES, en horario de 9:30 a 15:00 horas) e, se é o caso, presentar alegacións ou observacións que consideren oportunas. O prazo remata o 31 de marzo de 2022.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Área de Enerxía da Delegación do Goberno (Praza de Ourense, 11. 15003 A Coruña). A consulta presencial requirirá solicitar cita previa, chamando ao teléfono 981 898 559 ou enviando un correo electrónico a industria.acoruna@correo.gob.es, así como nas casas consistoriais dos concellos afectados.

O equipo de Goberno de Frades maniféstase en contra da instalación de parques eólicos no noso concello, polo que se presentarán as alegacións oportunas para evitar que este proxecto se chegue a instalar.

DOCUMENTACIÓN: