Aula de Informática
A Aula de Informática ofértase a tódolos veciños do concello para facilitar e achegar o mundo da informática e o da información dispoñible na internet.
Ao longo do ano, realízanse moitos cursos e actividades de alfabetización dixital así como programas de aprendizaxe das novas tecnoloxías, dirixidos a colectivos de adultos e nenos para ensinalos a vivir nun novo contorno dixital e facer máis democrático o acceso á rede.
Conta do seguinte Equipamento:
- 17 PC's, con Monitor TFT
- 1 Impresora.
- Acceso a internet de alta velocidade.
