Deportes e tempo libre
O principal obxectivo da programación deportiva do Concello de Frades, é fomentar a actividade física dentro do municipio facéndoa accesible a todos os seus cidadáns. O deporte de base representa o traballo de desenvolvemento motriz en idade escolar, a través das actividades ofertadas nas escolas deportivas municipais.
A oferta vai estruturada por idades, para os mais pequenos de educación infantil e pasando polo fútbol sala, atletismo, patinaxe…
Estas complétanse cas competicións deportivas en idade escolar (Programa XOGADE), ao longo da tempada escolar.
En canto ós adultos, as actividades tratan de chegar a todo tipo de usuarios, sexa cal sexa a súa idade ou tendencia, ofertando dende ximnasia de mantemento, pilates…
Por encima de todo o anteriormente exposto, e como factor integrador de todos estes aspectos, debe estar de maneira permanente a educación. O Concello de Frades pretende aproveitar o deporte e a actividade física como instrumento de formación e valores, potenciando o desenvolvemento dos veciñas e veciñas como persoas, cultivando o respecto á diferenza, facilitando ó mesmo tempo a creación de grupos a través dos cales a corporación local ten o compromiso de fomentar a solidariedade, a igualdade a convivencia, o respecto e a tolerancia.
Anualmente ó Concello de Frades teñen lugar una serie de eventos deportivos de gran acollida, como a Carreira Pedestre Popular vai pola súa VI edición, a Festa do Deporte, o Día da Bicicleta, o Maratón de Fútbol Municipal, a Festa do Neno…
Pavillón Polideportiva de Ponte Carreira
Infraestructuras deportivas
- Complexo deportivo Papucín
- Piscina Municipal
- Pista de Padel descuberta
- Area de xogos
- Pavillón polideportiva de Ponte Carreira
- Pista de Padel Cuberta de Abellá
- Pista de Tenis descuberta Ledoira
- Campo de fútbol de herba artificial de Abellá
- Campo de fútbol de Ponte Carreira
- Pista polideportiva descuberta de Céltigos
- Pista polideportiva descuberta de Aiazo
- Pista polideportiva descuberta de Moar
Actividades deportivas do concello
- Escola deportiva de fútbol sala
- Escola deportiva de patinaxe
- Escola deportiva de pilates
- Escola deportiva de atletismo
- Escola deportiva de zumba
- Liga local de fútbol sala
- Liga local de fútbol sete
- Curso de natación en verán
- Excursións multideportivas
- Excursións ós partidos do R.C. Deportivo
- Excursións a campamentos deportivos
- Excursións á campaña de esquí
- Excursións ó aquapark
- Competicións deportivas en idade escolar (programa Xogade)
Eventos deportivos (Concello - Entidades)
- Día da bicicleta
- Festa do deporte. Clausura das escolas deportivas
- Maratón de fútbol
- Maratón de fútbol sete
- Torneo de fútbol (equipos federados)
- Festa do neno
- Campionato municipal de padel
- Campionato municipal de pesca
- Campionato municipal de tenis de mesa
- Carreira popular
- Liga de fútbol sala intercomarcal
- Ruta de sendeirismo