Os cursiños de formación para desempregados, as iniciativas para a incorporación da muller ao mercado laboral en igualdade co home, e a promoción do cooperativismo agrario e empresarial centran o traballo desta área.

Información

  • Dar a coñecer o servicio a tódolos axentes socioeconómicos do Concello.
  • Dar a coñecer os plans de creación e modernización de empresas e de fomento do emprego da Xunta de Galicia.

Emprego

  • Estudio das posibilidades de actividades concretas que poidan desenvocar en iniciativas locais de emprego.
  • Promoción do movemento asociativo, básico para a concienciación dos distintos sectores e axentes, así como para levar a cabo actuacións conxuntas e coordinadas de promoción do desenvolvemento en canto estas xeneren emprego.
  • Asesoramento na búsqueda de emprego activa e planificada.
  • Asesoramento na búsqueda de emprego por conta propia.
  • Estratexia na búsqueda de emprego.
  • Elaboración de cartas de presentación e curriculums vitaes.
  • Asesoramento en canto a entrevistas laborais.
  • Asesoramento na elaboración de proxectos a estudiantes.
  • Modelos de probas psicotécnicas.
  • Asesoramiento, apoio e seguimento das distintas iniciativas, como impulso para a consecución das mesmas.

Formación

  • Formación, organización e promoción de charlas orientadas a creación de empresas.
  • Organización de seminarios, conferencias, cursos, que teñan relación co desenvolvemento local.
  • Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo II (2019). Iniciativa posta en marcha dos Concellos de Frades, Mesía e Ordes, e subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obradoiro formará a 20 alumnos e alumnas nas especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. 

Outras

  • Actividades relacionadas co fomento do turismo.
  • Organización, coordinación e promoción de feiras.
  • Elaboración de memorias e subvencións
  • Solicitude de subvencións no Plan de Emprego Local (PEL Concellos)
  • Solicitude de subvención APROL Rural (Fomento de Emprego no Medio Rural)