spacer
Plantacións Forestais

O Concello de Frades dispón dunha importante superficie de terreo dedicado a monte, que desempeña un papel fundamental, tanto dende o punto de vista económico como ambiental, social e cultural. 

A masa arborada do concello garante o aproveitamento dos recursos forestais e da madeira e frea o abandono do rural permitido a fixación de poboación no concello.

O sector forestal ten una importante influencia na economía do concello, porque xunto coas explotacións gandeiras é o sector que máis emprego directo e indirecto xera.

O monte ademais de importancia económica e social, ten unha función medioambiental que aumenta progresivamente, xa que é un depósito de carbono e axuda ao cumprimento de compromisos adquiridos no protocolo de Quioto. Os bosques tamén serven para o mantemento da riqueza e da biodiversidade da nosa flora e da nosa fauna, da protección do solo, da paisaxe, dos sistemas hidrolóxicos e de todos os ecosistemas que alberga.

Polo tanto, debemos realizar actuacións tendentes a previr e reducir a degradación do monte e a fomentar a súa restauración e paliar a sobreexplotación condicionando e preservando a masa forestal e realizando unha xestión sustentable.

O monte é un espazo que determina a paisaxe e a identidade e ten un compoñente social de recreo, encontro e lúdico dos veciños. Deberase compatibilizar a funcionalidade medioambiental, social e estética dando beneficios intanxibles aproveitados por todos e beneficios directos correspondentes os titulares do mesmo. 

Os montes deberanse perpetuar no tempo, mellorado no posible as súas condicións.

Dende o concello perséguese facilitarlle aos propietarios dos montes o manexo sustentable dos recursos, achegando solucións para a adecuada xestión técnica optimizando as actividades forestais sen menoscabo dos dereitos dos propietarios e dos intereses colectivos de todos.

Para o aproveitamento e xestión dos montes temos unha ordenanza publicada o 23 de agosto de 2012, que regula as plantacións forestais, depósito, carga e transporte de madeira.

Servizos

Para a solicitude dos servizos que dispón o concello pode descargar os impresos que se amosan a continuación.

  1. Instancia xeral
  2. Solicitude de licenza para a talla de árbores
  3. Licenza para carga, transporte e depósito de madeira
  4. Comunicación de corta cando se superan as 10 Tm