O procedemento de solicitude de licenza para a talla de árbores regula a concesión, por parte do Concello, de autorización para proceder á talla de árbores nunha determinada localización xeográfica e por un tempo determinado.
Calquera persoa física ou xurídica que o desexe poderá presentar unha solicitude para licenza para talla de árbores dentro do termo municipal.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Documentación

  • Solicitude de licenza para a talla de árbores.
  • Autorización da Xunta de Galicia para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente.
  • Plano de situación, detallando a localización xeográfica onde se realiza a corta, e as zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria.

Normativa

  • Ordenanza municipal reguladora das plantacións forestais, depósito, carga e transporte de madeira de corta.
  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.