Actividades
Actividades culturais anuais
Anualmente lévanse a cabo actividades variadas en diferentes épocas do ano.
Existe unha programación de verán, de outono-inverno, de Nadal, entroido… En cada época do ano prográmanse actividades variadas e axeitadas para todos os públicos.
Dentro da programación de verán organízanse saídas e excursións, o Día do neno, actividades de conciliación familiar, Festa da auga, espectáculos de teatro e monicreques, maxia, acrobacias, aéreos, Festa da espuma, Festa da auga, excursións, visitas ao aquapark, cursos variados (bisutería, broches, fofuchas, etc.), actividades de multiaventura, excursións e visitas para nenos/as e mozos/as, actividades en inglés, etc.
Outono-inverno: cursos e obradoiros de diferentes temáticas para adultos, actividades (pilates, zumba, ximnasia, manualidades, patchwork, inglés…), xornadas micolóxicas, actividades no CPI Pontecarreira...
Nadal: Excursión a Xuvenlugo, obradoiros de Nadal, Cabalgata de Reis, visita do paxe e do carteiro real, patinaxe na pista de xeo, bolera, cine, festa de nadal, maxia...
Outros programas e actividades.
Noite de cine, excursións culturais para todas as idades, cursos, Entroido, actividades de dinamización lingüística, cursos e obradoiros...