Punto de Información Catastral
Dende o Departamento de Urbanismo tense acceso aos datos de información catastral do Concello de Frades.
Os servizos que poden solicitar os veciños dende o PIC son os seguintes:
- Consulta dos datos catastrais non protexidos, certificación do valor de referencia e certificación da referencia catastral.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado.
- Certificación negativa.
- Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos por titulares catastrais colindantes, titulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería e herdeiros.
A solicitude fará constar a identidade do solicitante e a información requirida. A solicitude contén, ademais, a correspondente autorización ao Concello para acceder aos seus datos dende o Punto de Información Catastral. Xunto coa solicitude debe presentarse a documentación acreditativa da representación ou a autorización coa que se actúe, cuxa validez e eficacia será constatada pola persoa responsable do servizo.
Lugar: Casa do Concello, 1º andar. Cimadevila s/n. 15686 Frades. A Coruña.
Horario: Martes e xoves, de 9:00 a 15:00 horas.
Taxas: Ordenanza fiscal reguladora das taxas por expedición de documentos, BOP nº 161 de 26/08/2013.
- Certificación catastral literal: 3,00 €
- Certificación catastral descritiva e gráfica: 5,00 €