Disciplina Urbanística
O servizo de disciplina urbanística encárgase de verificar a legalidade urbanística das actuacións de utilización do solo e as edificacións, tanto para vivenda como para actividade. Comproba e asegura que ditas actuacións cumpren a normativa urbanística, de habitabilidade, seguridade contra incendios, acústica, accesibilidade, etc.
Dende este servizo tramítanse os expedientes de licenzas de obra maior e comunicacións previas de obra menor, licenzas de primeira ocupación de vivendas e apertura de establecementos; xestiónanse as comunicacións previas de obras e aperturas e lévanse a cabo as inspeccións de control e disciplina urbanística tanto das obras como dos usos do solo. Tamén se tramitan os expedientes de reposición da legalidade urbanística e as sancións.
As inspeccións levadas a cabo serven para controlar a actividade urbanística e para facer cumprir a legalidade nos actos de edificación ou uso de solo sen licenza ou comunicación previa, ou sen axustarse ás condicións fixadas nelas, propoñendo as medidas, provisionais ou definitivas, precisas. Tamén serven para facer cumprir os deberes de conservación que a normativa impón aos propietarios das construcións. Mediante a inspección asegúrase o cumprimento das ordes municipais, propoñendo as medidas de execución máis axeitadas e as correspondentes sancións.
Servicios Urbanísticos
- Instancia Xeral
- Certificado urbanístico
- Comunicación previa de obra
- Comunicación previa de obra de adecuación de local para actividade
- Comunicación previa por inicio ou modificación de actividade
- Comunicación previa de cambio na actividade
- Comprobación previa ao inicio da actividade
- Licenza de edificación
- Prórroga de licenza de obras
- Licenza de actividade
- Licenza de movementos de terra e muros de contención
- Licenza de segregación e parcelamento
- Reposición da legalidade urbanística
- Información urbanística