A comunicación previa de inicio ou modificación de actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilitada para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.
Deberá especificar se non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).
A comunicación previa de inicio ou modificación de actividade utilizarase para as verbenas e festas populares celebradas nun só municipio e sen instalacións nin escenarios móbiles.
Calquera persoa física que desexe comunicar a apertura dun establecemento ou a posta en marcha dunhas instalacións con destino a calquera uso distinto do de vivenda poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Documantación

  • Comunicación Previa de Obra de inicio ou modificación de actividade.
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais.

Normativa

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo inicio ou modificación de actividade.
  • Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.