O departamento de obras e servizos encárgase do mantemento de estradas e pistas de titularidade municipal, tanto no que se refire ao firme como aos desbroces de cunetas; este departamento tamén se ocupa do mantemento dos servicios de depuradora municipal, alumeado público, mobiliario urbano, parques infantís, prazas e xardíns, abastecemento de auga potable, saneamento,...

Todas a obras e servizos que non poder ser levados a cabo por persoal propio do concello, xestiónanse con empresas externas subcontratadas, que se dirixen tamén desde este departamento.

As actuacións máis importantes levadas a cabo no Concello son:

  • Renovación de maquinaria dedicada o servizo de mantemento de espazos naturais como as desbrozadoras.
  • Renovación de maquinaria dedicada o servizo de xestión de biomasa e desbroce de cunetas como o tractor e desbrozadoras para o mesmo.
  • Construción de depuradora e rede de saneamento nas parroquias de Gafoi e Ledoira.
  • Ampliación da rede de abastecemento de auga potable en varias parroquias.
  • Construción da senda peonil no lugar de Cimadevila na parroquia de Frades.
  • Instalación de elementos para suxeición de colectores de lixo en todas as parroquias do Concello.
  • Construción do punto limpo na parroquia de Céltigos.

SERVIZOS

Para a solicitude dos servizos que dispón o concello pode descargar os impresos que se amosan a continuación.

  1. Instancia xeral
  2. Solicitude de autorización para Acometida, Abastecemento de Auga e Saneamento
  3. Solicitude de acondicionamento de camiños e terreos

No caso de deficiencias na rede de alumeado público deberán poñerse en contacto co concello mediante unha chamada telefónica ao número de teléfono do Concello, que é o 981 69 55 67.