Para presentar no rexistro escritos, solicitudes ou comunicacións relacionadas con calquera trámite ou procedemento, non incluídos no Catálogo de Servizos urbanísticos, debe empregar a Instancia Xeral.
Calquera persoa física ou xurídica que o desexe poderá presentar un escrito, solicitude ou comunicación relacionada con calquera trámite ou procedemento.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Normativa

  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.