A mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Frades é un aspecto importante para o Concello, intentado por medio do urbanismo, facer un territorio máis habitable e logrando a integración do territorio, a paisaxe e os espazos naturais. 
Apóstase por un planeamento xeral de ordene o crecemento adaptado ás necesidades actuais, a calidade urbanística, a sustentabilidade e a axilización na tramitación dos expedientes.

O obxectivo é configurar o exemplo de convivencia entre o medio natural e os inmobles. Coa organización do territorio determínase onde se pode construír, plantar, etc... 

Funcións

  • Información e asesoramento ós particulares en temas relacionados co urbanismo.
  • Tramitación de licencias e comunicacións previas.
  • Execución de proxectos de obras (conservación e mantemento de pistas, melloras no alumeado público, redes de abastecemento de auga, redes de saneamento, melloras nos edificios públicos municipais, etc...).
  • Expedientes de restauración da legalidade e expedientes sancionadores.
  • Asesoramento e elaboración de memorias para solicitude de subvencións.
  • Emisión de certificacións urbanísticas.

Actuacións máis importatntes nesta área

  • Tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Conservación de pistas municipais en todas as parroquias do Concello.
  • Construción de nova Estación Depuradora de Augas Residuais.
  • Ampliación da rede de abastecemento de auga potable nalgunhas parroquias.

Máis Información

Mónica García Soage - Arquitecto