spacer
Medio Ambiente

O coidado do medio ambiente é cousa de todos. Se se empregan os medios dispoñibles gañamos todos porque o beneficio obtido será moi importante: aforro e maior calidade de vida.

Verde e habitable

A conservación do medio é unha das propiedades para o Concello. As consecuencias dos nosos actos hoxe repercutirán no mundo que deixamos aos nosos fillos e netos. O Goberno local aposta por un concello con pouca contaminación e pouco contaminante, baseado na redución, reutilización e a reciclaxe, implicando a cidadanía no proceso de sustentabilidade, de concello limpo e sostible que mellora a calidade de vida das persoas.

Frades pretende ser un concello sustentable que incremente o benestar das persoas e a calidade ambiental do contorno. A sustentabilidade búscase dende as melloras no ciclo da auga, a xestión integral dos residuos e a planificación enerxética dos servizos.

Recollida Selectiva

A primeira medida implantada para a axuda e coidado do medio ambiente foi a recollida selectiva nos colectores de lixo (verde, amarelo, azul e tipo igloo verde, para os diferentes tipos de lixo) e o posterior tratamento de ditos residuos nas instalacións de Sogama en Cerdeda, onde todos os residuos son tratados conforme a lexislación vixente. 
Para apoiar esta medida distribuíronse un maior número de colectores en todas as parroquias do Concello, para que todos os veciños poidan chegar aos colectores sen dificultade e sen ter que recorrer grandes distancias.
Tamén se fixeron campañas de sensibilización e educación ambiental cos veciños para fomentar o reciclaxe selectivo, a compostaxe caseira e reducir deste xeito tanto o volume dos residuos no colector verde, para lixo orgánico, como a cantidade de lixo vertido incorrectamente no colector amarelo, para plásticos e latas.

Os residuos plásticos agrícolas orixinan graves problemas medioambientais si se queiman de forma incontrolada ou non son tratados ou almacenados axeitadamente. Os problemas máis graves son a contaminación do solo e das augas, ademais do impacto paisaxístico negativo, polo tanto, púxose a disposición de todos os veciños un servizo de depósito de plásticos agrícolas na Cooperativa en Ponte Carreira e en Progando en Abellá, onde se acumulan para despois ser recollidos por unha empresa que os xestiona e trata de xeito adecuado. Ademais este servizo de recollida tamén se realiza pola mesma empresa, directamente nas granxas cumprindo a condición de que os plásticos estean ben recollidos, nun lugar accesible e deberán estar limpos, sen terra nin restos de ensilado. Para a súa recollida os veciños deberán chamar ao concello e anotarse. Cando haxa un número suficiente a empresa recollerá os plásticos porta a porta. 

Enerxía Responsable

Tamén se promove o uso responsable da enerxía, polo que se traballa para mellorar o rendemento dos sistemas e equipos, racionalizando e diminuíndo o consumo enerxético municipal e baixando o consumo eléctrico do alumeado público, con medidas de redución do consumo e adecuando a tecnoloxía aos puntos de luz. 

Medio Ambiente

Enerxía responsable

Espazo Natural

A preservación e recuperación da biodiversidade é un dos obxectivos da corporación municipal, valorizando o seu entorno e establecendo medidas para a recuperación e conservación dos espazos naturais. Para a xestión, coidado e renovación das áreas recreativas e espazos naturais do concello aplícanse criterios ecolóxicos, cun programa de uso preferente de especies autóctonas.

Servizos

Para a solicitude dos servizos que dispón o concello pode descargar os impresos que se amosan a continuación.

  1. Instancia xeral
  2. Solicitude de colector de lixo