O procedemento de solicitude de colectores de lixo e ou material urbano regula a instalación ou reposición, despois dunha solicitude, de colectores de recollida de lixo, envases, vidro ou papel, así como doutro equipamento urbano.
Calquera persoa física ou xurídica que o desexe poderá presentar unha solicitude para instalación de colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos ou ben a instalación de equipamento urbano.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Documentación

  • Solicitude de colectores de lixo ou equipamento urbano.
  • Plano de situación, detallando a localización dos colectores de lixo ou equipamento urbanos solicitado.

Normativa

  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.