OMIX
OMIX é un acrónimo de Oficina Municipal de Información Xuvenil.
A Oficina de Información Xuvenil e un servizo público gratuíto dirixido á poboación en xeral e ós mozos en particular. O principal obxectivo é que os mozos do municipio dispoñan de unha información e asesoramento sobre los distintos temas de interese xuvenil.
Atención personalizada. Atendemos todas as túas consultas de forma presencial, por teléfono, por carta ou a través do correo electrónico.
Carné Xove
E unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da xuventude galega, que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto de comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ó programa de “Carné Xove”. O obxectivo do carné é facilitar ás persoas de entre 12 e 30 anos, o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos e vantaxes. Estes bens e servizos abarcan todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensinanza, etc..
- ¿Quen o pode solicitar? Persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.
- Prezo: 6 euros
- Prazo de presentación: Non existe un prazo predeterminado
- Prazo de resolución: A tarxeta OMIX entrégase no momento
- Período de validez: 2 anos
Documentación
- DNI
- Solicitude normalizada