Co obxecto de favorecer a escolarización pública en familias con menos recursos económicos do concello, convócanse anualmente axudas para o material escolar (segundo grao de Educación Infantil, de 3 a 5 anos) e para o transporte escolar (bacharelato ou formación profesional grao medio).

Documentación

  • Copia dos DNI de todos o membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
  • Resgardo da matrícula do centro no que está a cursar o presente curso académico.
  • Certificado que acredite o grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar ou da situación de familia monoparental (se proceden)
  • Xustificantes de ingresos dos membros da unidade familiar.