Padrón
Certificados Padronais
Procedemento:
O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.
Quen pode presentar unha solicitude
Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.
Como e onde facer o proceso
De forma telemática ou ben nas dependencias do Concello. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Altas e cambios de domicilio en padrón
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio onde reside habitualmente. Quen viva en máis dun municipio inscribirase unicamente no que resida durante máis tempo no ano.
Cando se produza un cambio de domicilio dentro do mesmo Concello terá que presentar unha solicitude no Rexistro do Concello.
Para altas en domicilio alleos, é necesario presentar un impreso de solicitude xunto coa seguinte documentación.
Baixa por cambio de residencia a outro término municipal
Neste caso no é preciso solicitude e expedición de baixa no padrón municipal onde se causa baixa.
Baixa por falecemento
As baixas por falecemento realízanse de oficio a través da información facilitada polo Rexistro Civil.