Solicitude de autorización para Acometida, Abastecemento de Auga e Saneamento
O procedemento de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita ao cidadán realizar a acometida de auga e a rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubarias xerais e dar inicio ao servizo.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar autorización para a realización de acometidas e o inicio do abastecemento de auga.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
- Escritura de propiedade ou contrato de arrendamento. Documento acreditativo do dereito a ocupar o inmoble para o cal se solicita o abastecemento.
- Licenza de apertura en caso de locais comerciais. Copia da licenza de apertura, acreditativa da actividade exercida, no caso de abastecementos solicitados para locais comerciais.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
Normativa
- Ordenanza fiscal reguladora de taxa por distribución de auga e saneamento
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.