Comunicación Previa de Cambio na Actividade
A comunicación previa de cambio na actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.
Calquera persoa física que exerza a titularidade da actividade ou quen exerza a nova titularidade, no caso de traspaso, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Comunicación
- Comunicación Previa de cambio na actividade.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Copia de licenza de apertura ou comunicación previa de inicio da actividade.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
- No caso de traspaso:
- Copia do documento xustificativo do cambio de titularidade (escritura de propiedade, contrato de aluguer, etc).
- Copia da constitución da sociedade se a houbese.
Normativa
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo inicio ou modificación de actividade.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.