Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade
Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os sus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultados de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.
Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra de adecuación de local para actividade poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Descrición suficiente das características da obra de adecuación de local.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
- De ser o caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
Normativa
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.