A solicitude de licenza de segregación e parcelamento deberá presentarse para os seguintes actos de uso deo solo e do subsolo:

  • Os parcelamentos, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelamento urbanístico.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de segregación e parcelamento, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Documentación

  • Solicitude de Licenza de segregación e parcelamento.
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

Normativa

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
  • Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.