Licenza de Edificación
A solicitude de licenza de edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:
- Os actos de edificación e uso do solo e subsolo que, consonte á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
- As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
- A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
Calquera persoa física que desexe obter unha licenza de edificación, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Solicitude de licenza de edificación.
- Proxecto técnico (básico e/ou de execución), visado polo correspondente colexio profesional.
- Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
- Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
- Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos servicios de telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
- Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
Normativa
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.