Información Urbanística
O procedemento de información urbanística ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación ou sector, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Solicitude de información urbanística.
- Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
- Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles.
- Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
Normativa
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.