A solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os muros de contención de terras.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza do movemento de terra e muros de contención, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.

Documentación

  • Solicitude de Licenza de movementos de terra e muros de contención.
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

Normativa

  • Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
  • Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
  • Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
  • Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.