Comprobación Previa ao Inicio da Actividade
A solicitude de comprobación previa ao inicio da actividade terá por obxecto a verificación de que se cumpren os requisitos para o exercicio da actividade e a apertura do establecemento ou, en caso contrario, sinalaranse os incumprimentos ou as deficiencias detectados e concederase un prazo de emenda.
Calquera persoa física que desexe solicitar a realización dunha inspección de comprobación do local ou do establecemento, que terá por obxecto a adecuación deste á normativa aplicable e o cumprimento das condicións legais e técnicas da actividade, poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Solicitude de Comprobación Previa ao comezo da Actividade.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
- Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
Normativa
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo inicio ou modificación de actividade.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.