Comunicación Previa de Obra
Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Disposición derradeira terceira da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia que modifica a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).
Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra poderá presentar unha solicitude.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Comunicación Previa de Obra.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
- No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
- Orzamento detallado.
- Fotografías de estado actual (previo á realización da obra) en caso de obras de reparación.
- Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
- Documento de avaliación ambiental, si é o caso.
- Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando fosen legalmente esixibles.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
Normativa
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.