Solicitude de licenza para carga, transporte e depósito de madeira
O procedemento de solicitude de licenza para carga, transporte e depósito de madeira regula o aproveitamento forestal dos recursos madeireiros.
Calquera persoa física, xurídica ou empresa madeireira que o desexe poderá presentar unha solicitude para licenza para carga, transporte e depósito de madeira.
A presentación dun escrito poderá ser de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, descargar o impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitaremos o/s impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación
- Solicitude de licenza para carga, transporte e depósito de madeira.
- Autorización da Xunta de Galicia para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente.
- Plano de situación, detallando a localización xeográfica onde se realiza a corta, as zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria e as pistas polas que van circular os camións para o transporte da madeira.
- Depósito de aval ou fianza correspondente, segundo o peso máximo autorizado dos vehículos.
Normativa
- Ordenanza municipal reguladora das plantacións forestais, depósito, carga e transporte de madeira de corta.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
- Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través da INTERNET, coa administración Pública.
- Lei 59/2003 do 19 de decembro, de Sinatura Electrónica. Reguladora dos procesos de sinatura e certificación electrónica de documentos.