Edificio Multiusos José María Botana
O edificio Multiusos de Frades é unha edificación onde se levan a cabo diferentes actividades culturais ao longo de todo o ano.Consta de dúas plantas; a planta baixa en forma de "L", mentres que a primeira planta é rectangular sobre un dos lados do "L" e na cal se atopa a Mostra de Apeiros tradicionais a día de hoxe.
A planta baixa esquerda é unha grande aula de reunións con capacidade para 100 persoas que, ademais, se pode dividir en dúas salas independentes. Nela organízanse todo tipo de actividades culturais puntuaias, como charlas,cursos, exposicións, ...
A planta baixa dereita divídese en tres tramos para acoller unha aula para cursos formativos (de entre 15 e 25 persoas), a biblioteca e sala de estudo municipais e unha aula de informática con 17 ordenadores, cunha conexión a internet de alta velocidade e unha impresora.