Área Recreativa Ponte Carballa (Abellá)
Ao lado do Samo, encontramos, na parroquia de Abellá, a área recreativa de Ponte Carballa. Alí encontramos o paseo bordeando o río, no que podemos encontrar un antigo muíño restaurado. Esta área dispón de merendeiro con varias mesas e barbacoas e un parque para os máis cativos, así como un amplo aparcadoiro. Cabe dicir que as súas carballeiras fan do lugar unha paisaxe indescritible.

Área Recreativa Ponte Carballa (Abellá)