Ruta das Capelas
Outra das posibilidades que ofrece a paisaxe de Frades é o percorrido polas fermosas capelas que se encontran por todo o concello. Cabe destacar San Nicolao, As Virtudes e San Roque.
Trátase de construcións sinxelas e de pequenas dimensións que se caracterizan por atoparse en lugares illados e rodeados de fermosas carballeiras.
Nelas celébranse romarías, xeralmente a finais do verán, onde a xente acode a comer.
