O Concello de Frades inviste case 27.000 euros na mellora do alumeado público en Vista Alegre, Reboredo, Caboladrón e San Martiño
O Concello de Frades vén de investir un total de 26.980,19 euros na mellora do alumeado público nos lugares de Vista Alegre e Reboredo (parroquia de Galegos), Caboladrón (parroquia de Mesos) e San Martiño (parroquia de Frades). Unhas obras subvencionadas nun 62% polo Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER que pretenden mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, reducindo ao mesmo tempo as emisións de gases que provocan o efecto invernadoiro; e reducir a contaminación lumínica. As obras foron levadas a cabo polo contratista Manuel Martínez Quintela por ser a oferta económica máis vantaxosa das presentadas.