O multiúsos de Frades acolle mañá venres a charla “Saúde mental para tod@s”, a cargo da asociación Andaina pro Saúde Mental
A asociación Andaina Pro Saúde Mental ofrecerá mañá venres 30 de novembro, ás 16:30 horas, a charla “Saúde mental para tod@s”. Unha conferencia que terá lugar no multiúsos de Frades e na que esta entidade dará a coñecer os servizos de información, asesoramento e apoio que ofrece á veciñanza. A entrada é libre e de balde.