spacer
Sesenta veciños e veciñas de Frades participan na I Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para a Cruz Vermella

Uns sesenta veciños e veciñas de Frades participaron na primeira edición da Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para a Cruz Vermella, organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa solidaria que tivo lugar na mañá de onte domingo e no que as persoas participantes intercambiaron xoguetes novos, ou seminovos en bo estado, por unhas riñoneiras. 

O tempo acompañou e a andaina arrincou ás 10:35 horas da praza de Ponte Carreira encabezada polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen estivo acompañado por distintos membros da corporación municipal. A expedición percorreu 3,5 quilómetros ata a capela de Augas Santas, onde fixeron unha parada de 10 minutos para repoñer forzas con froita, galletas e bebida. Despois iniciouse o camiño de volta a Ponte Carreira, completando deste xeito unha distancia de 7 km tras a cal onde ao rematar houbo chocolate e rosca para todas as persoas participantes.  

Sesenta veciños e veciñas de Frades participan na I Andaina Solidaria para a recollida de xoguetes para a Cruz Vermella