Puntuacións provisionais de candidatos/as para o posto de alumnado-traballador do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo III"
O Concello de Frades publica as puntuacións totais provisionais de candidatos/as para o posto de alumnado-traballador do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo III" nas modalidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (N2) e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (N2) nos concellos de Ordes, Frades e Mesía.
O prazo de reclamacións será de dous días a partir da data de publicación deste baremo. As reclamacións presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes e dirixidas ao grupo de traballo municipal (Comisión de Selección), encargado da selección do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo III".