O Concello de Frades informa da convocatoria pública para 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o 11 de febreiro de 2021.

Para participar é preciso ter 20 anos e experiencia laboral de polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas nos últimos 10 anos ou xustificar 300 horas de formación nos últimos 10 anos. Máis información: 981 695 567 ou 981 695 663.