O Concello de Frades celebrará unha sesión plenaria extraordinaria o luns 5 de abril, ás 13:30 horas, cun único punto na orde do día: resolución de reclamación ao orzamento municipal 2021 e aprobación definitiva do mesmo. Debido á aplicación do protocolo de seguridade anticovid, a sesión trasladarase do salón de plenos ao multiúsos de Frades, non sendo posible a participación de público.